lunes, 9 de diciembre de 2019

XOGANDO CO MAPA DA CIDADE



Para rematar este tema dos mapas, nada mellor que un xogo de orientación no plano e tamén co Google Maps, na biblio.




Podían xogar en parellas ou en equipo de catro, como están sentados na clase. A maioría preferíu xogar en equipo....por que será??


Cada equipo tiña dous planos da cidade de Coruña. Ademais tiñan un pequeno anaco do plano ampliado, donde tiñan que localizar as coordenadas de diferentes lugares de interese: o noso colexio, o Teatro Rosalía, a Praza de María Pita...
Despois tiñan que situar os Puntos cardinais no plano ampliado, localizando a Rosa dos Ventos que había no plano grande.
E para rematar, tiñan que marcar con cores os tres percorridos que tiñan que seguer para ir desde o colexio ata os puntos sinalados.

Fixeron o xogo en papel, e tamén utilizando a ferramenta de Google Maps, sempre xogando en equipo e compartindo os seus resultados.

Pasámolo pipa e penso que saberían buscar calquera sitio con calquer rueiro dunha cidade a visitar e incluso navegar co Google Maps. Agora só falta que lles leven os pais!!! jajajaja.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas polo teu comentario.