Mostrando entradas con la etiqueta kahoot. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta kahoot. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de marzo de 2020

KAHOOT DE REPASO 2ªAVALIACIÓN

Bueno criaturas....para rematar  este trimestre tan...."particular" déixovos aquí uns xogos de repaso do que traballamos. Fíxenos con KAHOOT para que vos sex un pouquiño máis entretido. (seguide as instrucións da entada anterior)

Lembra que:
  • Non se trata de facer por facer, senón de poñer a vosa cabeciña a funcionar, 
  • De recordar as cousas das que falamos na clase
  • De repasar o que sabemos e tamén 
  • De que saibades que cousiñas debedes volver ler, dacordo? 

  • Pois ahí vos van!!! 
    QUE OS DISFRUTEDES!!!
    (picade enriba da imaxe)



jueves, 26 de marzo de 2020

KAHOOT DE REPASO DO 1º TRIMESTRE

Para que repasemos todo o que dimos na 1ª avaliación, déixovos aquí un xogo interactivo con KAHOOT para que poñades as vosas cabeciñas a traballar.

COMO SE XOGA?


1º) Tedes que ENTRAR no xogo picando enriba da imaxe de abaixo.



2º) Vos sairá a seguinte imaxe e (non fai falla que vos rexistedes) tedes que picar enriba de: JUGAR COMO INVITADO




3º) Despois sae a seguinte imaxe e tedes que elixir: CLÁSICO 




4º) A continuación vaivos dar un nº PIN que tedes que copiar nunha pestaña nova entrando en 



5º) Entón sae outra imaxe preguntándovos o voso NICKNAME, que é o voso nome para o xogo. Escribídeo e despois dádelle a GO


E vos sairá esta outra imaxe:



6º) Deste xeito case, case, estades preparados. Agora o que tedes que facer e 
volver á pestaña anterior e comprobar que está o voso nome:

E dádelle a COMIENZO

7º) Xa vos sairán as preguntas do xogo e tedes que
ELIXIR O CÓDIGO E FORMA XEOMÉTRICA 
que corresponda á resposta correcta, na outra pestaña donde escribistes o voso nome.


Para seguir xogando tedes que darlle a PRÓXIMO
que vos vai aparecer arriba na marxe dereita.

¡¡¡QUE DISFRUTEDES O XOGO!!!