sábado, 30 de noviembre de 2019

HUMAN BODY CON NURI

Vaia pasada o " XOGUETE" que trouxo Nuri onte a clase!!! 
Unha camiseta coa que podemos 
ver o noso corpo por dentro!!!
Con esta camiseta pódese ver como é o teu cuerpo por dentro: 
vénse os ósos, os músculos e os órganos e incluso 
como latexa o corazón

Necesita unha aplicación gratuita no móbil ou tablet, acercalo á camiseta e 
¡wow! pódese ver toda a zona do tronco:

Sistema óseo: costelas e vértebras

Sistema muscular
Sistema respiratorio: pulmóns, tráquea, diafragma..
Sistema circulatorio: corazón, venas, arterias..
Sistema dixestivo: estómago, intestinos, fígado, vesícula..
Sistema urinario: riñóns, uretra...
Sistema linfático

A través dos botóns da aplicación podes mostrar u ocultar os diferentes sistemas, para exploralos por separado, como se foran capas. E co botón "mirilla", podes ver o nome das diferentes partes solo acercándote a eles.

MIRADE QUE BEN O PASAMOS PROBANDO E XOGANDO


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas polo teu comentario.