Mostrando entradas con la etiqueta esquemas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta esquemas. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de enero de 2020

OS NOSOS CICLOS DA AUGA

Xa rematamos o noso primeiro traballiño co ordenador, co que aprendimos a remexernos en C:, mis documentos, carpetas, archivos....y a manexar un pouquiño o procesador de textos de Word.

Aquí tedes os CARTEIS de cada parella explicando con imaxes, formas, cadros de texto...
o CICLO DA AUGA.












domingo, 15 de diciembre de 2019

TÉCNICA COOPERATIVA 1-2-4

Para rematar os temas do corpo humano e máis da representación da Terra, fixemos unha técnica cooperativa que se chama 1-2-4.
Cada criatura tiña un pequeno mapa conceptual do tema que tiña que intentar completar. Primeiro sós (1), despois co compañeiro/a do lado (2) e teñen que poñerse dacordo nas respostas; e para rematar, xúntanse todo o equipo (4) e todos teñen que ter as mesmas respostas.
Unha maneira de repasar, afianzar os coñecementos, recolocar algúns que están bailando e saber os que non están claros; todo iso dun xeito cooperativo, sendo os propios nenos os que se axudan.





miércoles, 18 de septiembre de 2019

O SISTEMA SOLAR

Uns pequenos apuntes e curiosidades sobre o nacemento e a evolución do noso Sistema Solar, o Sol, a Terra, a Lúa e os planetas que o conforman.

PREME SOBRE AS IMAXES










sábado, 19 de abril de 2014

O NOSO TRABALLO SOBRE O UNIVERSO

Despois de tanto e tanto traballar sobre este tema, seguro que ninguén tén dúbidas sobre que é o Sol, a Lúa, a Terra, o Sistema Solar, os planetas...
Aprendimos a buscar a información importante nun texto, sintetizalo, organizalo, diseñar o noso propio IMPRESS con textos e imaxes; e ademais aprendimos a insertar pequenos vídeos relacionados co tema.
Un mes levounos facer todo isto, e aínda que é moito o tempo invertido, cremos que temos que aprender máis cousas que as que podemos atopar nun libro de texto. Por iso estamos tan contentos co noso traballo.
É unha pena que non podamos colgar aquí os nosos impress do universo, pero si que ides ver algúns dos nosos esquemas.








jueves, 14 de noviembre de 2013

OS NOSOS PRIMEIROS ESQUEMAS

Neste tema quedamos en que íamos traballar, sobre todo, cos textos informativos do libro. Por iso, queremos ensinarvos como van quedando os nosos primeiros esquemas sobre os animais vertebrados e os invertebrados.
A que son alucinantes???