sábado, 23 de septiembre de 2023

NOVA ETAPA....¡¡NOVO COLE!!

 Pois así é. Comezo unha nova etapa nun cole novo, o CEIP EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ, en Brexo-Lema, Cambre, con moitas gañas e ilusión.

Este ano retomo as clases de Sociais, co alumnado de 4º de Primaria. E presinto que imos ter un curso cheo de moitas actividades, diversión e aprendizaxes. 

Comezamos a aventura xuntos, e que mellor da man de EVA

a nosa mascota de EF (Estilo Vida Activa) 

E do seu primo PIEFCITOS


ese cempés marabilloso que o maestro Carlos Chamorro 

comparte con moitísimos nenos e nenas do mundo, 

para mellorar a nosa saúde e o noso planeta.

Este ano o tema do Proxecto " El Camino de PiEFcitos" é 
OS XOGOS OLÍMPICOS.
Daremos a volta ao mundo para coñecer 
as Sedes Olímpicas e Paralímpicas 
conseguindo KMS SAUDABLES con

ACTIVIDADE FÍSICA

ALIMENTACIÓN SAUDABLE E RESIDUOS CERO


RECICLAXE E PATRULLA VERDE

LECTURA

¿¿¿¿ESTADES PREPARADOS????