Mostrando entradas con la etiqueta corpo humano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta corpo humano. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de marzo de 2020

KAHOOT DE REPASO DO 1º TRIMESTRE

Para que repasemos todo o que dimos na 1ª avaliación, déixovos aquí un xogo interactivo con KAHOOT para que poñades as vosas cabeciñas a traballar.

COMO SE XOGA?


1º) Tedes que ENTRAR no xogo picando enriba da imaxe de abaixo.



2º) Vos sairá a seguinte imaxe e (non fai falla que vos rexistedes) tedes que picar enriba de: JUGAR COMO INVITADO




3º) Despois sae a seguinte imaxe e tedes que elixir: CLÁSICO 




4º) A continuación vaivos dar un nº PIN que tedes que copiar nunha pestaña nova entrando en 



5º) Entón sae outra imaxe preguntándovos o voso NICKNAME, que é o voso nome para o xogo. Escribídeo e despois dádelle a GO


E vos sairá esta outra imaxe:



6º) Deste xeito case, case, estades preparados. Agora o que tedes que facer e 
volver á pestaña anterior e comprobar que está o voso nome:

E dádelle a COMIENZO

7º) Xa vos sairán as preguntas do xogo e tedes que
ELIXIR O CÓDIGO E FORMA XEOMÉTRICA 
que corresponda á resposta correcta, na outra pestaña donde escribistes o voso nome.


Para seguir xogando tedes que darlle a PRÓXIMO
que vos vai aparecer arriba na marxe dereita.

¡¡¡QUE DISFRUTEDES O XOGO!!!

miércoles, 18 de marzo de 2020

ESTE CORONAVIRUS.....

Está dándonos a posibilidade de facer outras cousas que no día a día nas clases non podemos facer,non sí??
Así que ímos ver o lado positivo das cousas e aproveitalo para potenciar a curiosidade e aprender máis cousas.



ÁNIMO A TOD@S!!!

UN POQUITO DE INFO BÁSICA SOBRE O CORNAVIRUS, COVID-19



martes, 17 de diciembre de 2019

O NOSO DECÁLOGO DE HÁBITOS PARA O COIDADO DO CORPO

O tema 3 fala do que temos que facer para coidar o noso corpo e mantelo fóra das enfermidades, de estar en forma e sans. Por iso, estivemos diseñando os nosos propios decálogos, cos 10 hábitos que parécennos os máis importantes.




Aquí os tedes para que lles botades unha ollada!!!























lunes, 16 de diciembre de 2019

TEMA 3: COIDADOS DO CORPO

Unha das cousas máis importantes que temos que facer e saber coidar a nosa saúde, o noso corpo. Por iso, debemos ser conscientes dalgunhas cousas que nos fan dano, e como combatilo, e as que nos fan ben, para intentar melloralas.

domingo, 15 de diciembre de 2019

TÉCNICA COOPERATIVA 1-2-4

Para rematar os temas do corpo humano e máis da representación da Terra, fixemos unha técnica cooperativa que se chama 1-2-4.
Cada criatura tiña un pequeno mapa conceptual do tema que tiña que intentar completar. Primeiro sós (1), despois co compañeiro/a do lado (2) e teñen que poñerse dacordo nas respostas; e para rematar, xúntanse todo o equipo (4) e todos teñen que ter as mesmas respostas.
Unha maneira de repasar, afianzar os coñecementos, recolocar algúns que están bailando e saber os que non están claros; todo iso dun xeito cooperativo, sendo os propios nenos os que se axudan.





sábado, 30 de noviembre de 2019

HUMAN BODY CON NURI

Vaia pasada o " XOGUETE" que trouxo Nuri onte a clase!!! 
Unha camiseta coa que podemos 
ver o noso corpo por dentro!!!
Con esta camiseta pódese ver como é o teu cuerpo por dentro: 
vénse os ósos, os músculos e os órganos e incluso 
como latexa o corazón

Necesita unha aplicación gratuita no móbil ou tablet, acercalo á camiseta e 
¡wow! pódese ver toda a zona do tronco:

Sistema óseo: costelas e vértebras

Sistema muscular
Sistema respiratorio: pulmóns, tráquea, diafragma..
Sistema circulatorio: corazón, venas, arterias..
Sistema dixestivo: estómago, intestinos, fígado, vesícula..
Sistema urinario: riñóns, uretra...
Sistema linfático

A través dos botóns da aplicación podes mostrar u ocultar os diferentes sistemas, para exploralos por separado, como se foran capas. E co botón "mirilla", podes ver o nome das diferentes partes solo acercándote a eles.

MIRADE QUE BEN O PASAMOS PROBANDO E XOGANDO


viernes, 29 de noviembre de 2019

APARATOS FUNCIÓN REPRODUCIÓN

E para rematar quedaría falar e recoñecer os ... 
Pincha enriba da imaxe e verás un pequeno vídeo explicativo.




Nada mellor que un pequeno debuxo propio, aínda que sexa de "andar por casa", sinalando os nomes de cada parte.


miércoles, 27 de noviembre de 2019

APARATOS DA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN


A parte un pouquiño máis complicada do tema ven sendo ista. Aínda que vendo o vídeo seguinte enténdese mellor porque están...

4 APARATOS traballando na FUNCIÓN DE NUTRICIÓN:

DIXESTIVO

CIRCULATORIO








RESPIRATORIO

EXCRETOR






martes, 26 de noviembre de 2019

APARATOS E ÓRGANOS DO CORPO

Nesta semana traballaremos a asociación dos distintos aparatos e órganos corpo coas 

FUNCIÓN VITAIS
(relación, nutrición e reprodución)


Entenderemos para que serven, onde están, como funcionan e como se chaman, claro!!!
Farémolo con vídeos explicativos, debuxos, actividades....


Lembrades o vídeo que vimos hoxe sobre o APARATO LOCOMOTOR?? Volo deixo aquí para que o poidades ver outra vez.


domingo, 17 de noviembre de 2019

TEMA 2: O CORPO HUMANO

Xa comezamos o tema do corpo humano e, aínda que xa xabemos moitas cousas, ímos aprender algunha máis.


Recordamos as partes do corpo: cabeza, tronco e extremidades. Aprendimos algún nome máis en galego: nocellos, xeonllos, cóbados. E falamos das  3 FUNCIÓNS VITAIS:

  1. REPRODUCIÓN
  2. NUTRICIÓN
  3. RELACIÓN
Déixovos aquí os vídeos explicativos que puxemos na clase para que os vexades con calma.