Mostrando entradas con la etiqueta cociña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cociña. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de enero de 2014

CLASE DE COCIÑA

Como premio polo traballo realizado ao longo do primeiro trimestre, tivemos un último día de clase un pouco especial: UNHA CLASE DE COCIÑA.
Organizámonos por equipos. Uns porque querían ir xuntos, outros polo postre que lles apetecía facer ou polo que lle gustaba máis e así quedamos organizados:
  1. GABRIEL, HUGO, DANI, XURXO e RUBÉN.
  2. ANTÍA, LUCÍA SESAR, ALEX JIMÉNEZ, FRAN e ÁLEX VARELA.
  3. MARTA, LUCÍA IGLESIAS, JANIRA e CINTHIA.
Contamos ca axuda de Chus, a orientadora do centro e de Loli, titora do curso. Unha axudóunos na elaboración dos postres, e a outra, fixo posíbel o publireportaxe de fotos que temos elaborando as nosas recetas.

Os postres que fixemos foron varios:
  • BROWNIE DE CHOCOLATE CON FROITOS SECOS
  • BATIDO DE FRESA, PLÁTANO E CHOCOLATE.
  • CREMA FRÍA DE LIMÓN
  • TARTA DE GALLETAS CON CHOCOLATE.
Entre todos os membros do equipo, puxémonos dacordo para traer os ingredientes e os materiais necesarios para a elaboración das recetas.
Traballamos en equipo. Uns mesturaban, outros estaban no forno, outros lavaban, outros limpaban...
Unha marabilla!!!
Pasámolo xenial e repetiremos a experiencia próximamente.