Mostrando entradas con la etiqueta xeografía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xeografía. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de febrero de 2020

COMPARTINDO COÑECEMENTOS COS MAIORES DE 6º





O venres tivemos a visita das nenas e nenos de 6ºB que viñeron a nosa clase a compartir connosco os seus traballos sobre 
A PAISAXE DE GALIZA:



  • Cabeza de Manzaneda
  • Terra Chá
  • Costa da Morte
  • Dunas Rampantes
  • Serra do Courel
  • Río Sil
  • Rasa Cantábrica
  • Cabo Ortegal
  • Macizo Traba-Pasarela
Eles traballaron este tema no 1º trimestre e viñeron contarnos alguns datos relevantes sobre estes lugares. E nós situámolos no mapa, recoñecimos se eran paisaxes de montaña, de chaira ou de costa.
E parece que quedou bastante claro, a verdade!!



lunes, 9 de diciembre de 2019

XOGANDO CO MAPA DA CIDADE



Para rematar este tema dos mapas, nada mellor que un xogo de orientación no plano e tamén co Google Maps, na biblio.




Podían xogar en parellas ou en equipo de catro, como están sentados na clase. A maioría preferíu xogar en equipo....por que será??


Cada equipo tiña dous planos da cidade de Coruña. Ademais tiñan un pequeno anaco do plano ampliado, donde tiñan que localizar as coordenadas de diferentes lugares de interese: o noso colexio, o Teatro Rosalía, a Praza de María Pita...
Despois tiñan que situar os Puntos cardinais no plano ampliado, localizando a Rosa dos Ventos que había no plano grande.
E para rematar, tiñan que marcar con cores os tres percorridos que tiñan que seguer para ir desde o colexio ata os puntos sinalados.

Fixeron o xogo en papel, e tamén utilizando a ferramenta de Google Maps, sempre xogando en equipo e compartindo os seus resultados.

Pasámolo pipa e penso que saberían buscar calquera sitio con calquer rueiro dunha cidade a visitar e incluso navegar co Google Maps. Agora só falta que lles leven os pais!!! jajajaja.


sábado, 23 de noviembre de 2019

2ª SEMANA REPRESENTACIÓN DA TERRA

Para poder seguer o CAMIÑO DE PIEFCITOS, e, recorrer todas as provincias de España, temos que aclarar mooooitos conceptos.

O concepto do que é un CONTINENTE, UN PAÍS, UNHA PROVINCIA O UNHA COMUNIDADE AUTÓNOMA....é moi complicado nestas idades, non?? Pois algo haberá que facer!!

De momento comezamos co o máis grande: A TERRA!!!

Falamos das LIÑAS IMAXINARIAS, dos PUNTOS CARDINAIS, da ROSA DOS VENTOS...


Para poder despois situalas nun MAPAMUNDI cos CONTINENTES E OCÉANOS.






E saber cál é a INFORMACIÓN BÁSICA NUN MAPA para poder orientarnos nel:


E, para rematar, saber diferenciar os TIPOS DE MAPAS que podemos atoparnos:


A seguinte semana remataremos cos PLANOS, e a ver se podemos facer un XOGO DE ORIENTACIÓN no cole con plano e compás. Apetece verdade???

domingo, 10 de noviembre de 2019

TEMA 2: REPRESENTACIÓN DA TERRA

Comezamos co segundo tema de Sociais que trata das formas que utilizamos para representar a Terra e como poder orientarnos no espazo: OS MAPAS.
Tras activas os nosos coñecementos previos, sabemos bastantes cousas pero....tamén temos algunhas confusións que aclarar.

Por exemplo...sabemos o que é un globo terráqueo e identificamos o mapamundi.

Incluso xa fixemos o noso primeiro MAPAMUNDI dos CONTINENTES como se fora un puzzle, e parece que ese concepto....custa un pouquiño. Seguiremos traballando.

jueves, 29 de mayo de 2014

EXPO DO MUNDO

Para recoñecer países do mundo e o mapamundi, cada neno/a elixiu un país sobre o que investigar.
Ademais de saber situalo no mapamundi e contarnos cousas importantes e curiosas do país elixido, tiñan que buscar o xeito de expoñer a súa investigación. Podía ser en formato papel, mural, dixital, oral....
Aquí tedes a nosa exposición.