Mostrando entradas con la etiqueta avaliación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta avaliación. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de marzo de 2020

KAHOOT DE REPASO DO 1º TRIMESTRE

Para que repasemos todo o que dimos na 1ª avaliación, déixovos aquí un xogo interactivo con KAHOOT para que poñades as vosas cabeciñas a traballar.

COMO SE XOGA?


1º) Tedes que ENTRAR no xogo picando enriba da imaxe de abaixo.



2º) Vos sairá a seguinte imaxe e (non fai falla que vos rexistedes) tedes que picar enriba de: JUGAR COMO INVITADO




3º) Despois sae a seguinte imaxe e tedes que elixir: CLÁSICO 




4º) A continuación vaivos dar un nº PIN que tedes que copiar nunha pestaña nova entrando en 



5º) Entón sae outra imaxe preguntándovos o voso NICKNAME, que é o voso nome para o xogo. Escribídeo e despois dádelle a GO


E vos sairá esta outra imaxe:



6º) Deste xeito case, case, estades preparados. Agora o que tedes que facer e 
volver á pestaña anterior e comprobar que está o voso nome:

E dádelle a COMIENZO

7º) Xa vos sairán as preguntas do xogo e tedes que
ELIXIR O CÓDIGO E FORMA XEOMÉTRICA 
que corresponda á resposta correcta, na outra pestaña donde escribistes o voso nome.


Para seguir xogando tedes que darlle a PRÓXIMO
que vos vai aparecer arriba na marxe dereita.

¡¡¡QUE DISFRUTEDES O XOGO!!!

jueves, 30 de enero de 2020

OS NOSOS CICLOS DA AUGA

Xa rematamos o noso primeiro traballiño co ordenador, co que aprendimos a remexernos en C:, mis documentos, carpetas, archivos....y a manexar un pouquiño o procesador de textos de Word.

Aquí tedes os CARTEIS de cada parella explicando con imaxes, formas, cadros de texto...
o CICLO DA AUGA.












jueves, 19 de diciembre de 2019

XOGO DE ORIENTACIÓN EN EDUCACIÓN FÍSICA

Para poñer en práctica o que aprendimos dos planos e dos mapas, que mellor que recuperar un xogo que tiñamos preparado de Illa Fantasía!!! Lembrádesvos?? Quedara pendente para conseguer o Diploma do Clan dos Pioneiros.




O xogo consistía en superar 4 probas físicas en equipo, 


que lles daría a posibilidade de obter as coordenadas do plano, 

para poder atopar uns ovos kinder agochados, que tiñan unhas pequenas probas en inglés e máis na lingua dos "dragones".





Aínda que non nos dera tempo a rematalo completo, traballaron duramente, manexaron perfectamente os planos do cole e ....atoparon os ovos!!!