Mostrando entradas con la etiqueta orientación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta orientación. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de marzo de 2020

MANEXAMOS GOOGLE MAPS

Despois de traballar na clase todo o vocabulario e conceptos relacionados coa paisaxe, xa pudimos ir á biblio a traballar estes contidos, máis os que xa traballaramos sobre os planos, os mapas e a orientación.
Estamos a facelo cunha actividade que chamamos "O CAMPAMENTO", que consiste en "pasar" sete días de campamento na Estación de Montaña de Manzaneda. Coñeceremos as instalacións, as actividades que se poden facer, as distancias entre elas,con Coruña....

CÓMO O FAREMOS?
Por parellas de traballo, e con axuda de Google Maps, trataremos de localizar Ourense, a Estación, observar o tipo de paisaxe que é, canto se tarda en chegar, se podemos ir andando ou non as actividades....

Deixamos aquí o xogo, por se vos animades a xogalo. BOA SORTE!!!




lunes, 10 de febrero de 2020

TEMA 4: A PAISAXE

Xa comezamos outra semana nova e comezamos co seguinte tema de Sociais
A PAISAXE
Aínda que sabemos un montón de cousiñas xa, temos que ir quedándonos con vocabulario novo como...relevo, chaira, cordilleira, val, istmo.... Localizaremos moitos dos accidentes xeográficos co GOOGLE MAPS, tanto de Galiza como de España ou do resto mundo.


ESTADES PREPARADOS PARA VIAXAR???


jueves, 19 de diciembre de 2019

XOGO DE ORIENTACIÓN EN EDUCACIÓN FÍSICA

Para poñer en práctica o que aprendimos dos planos e dos mapas, que mellor que recuperar un xogo que tiñamos preparado de Illa Fantasía!!! Lembrádesvos?? Quedara pendente para conseguer o Diploma do Clan dos Pioneiros.




O xogo consistía en superar 4 probas físicas en equipo, 


que lles daría a posibilidade de obter as coordenadas do plano, 

para poder atopar uns ovos kinder agochados, que tiñan unhas pequenas probas en inglés e máis na lingua dos "dragones".





Aínda que non nos dera tempo a rematalo completo, traballaron duramente, manexaron perfectamente os planos do cole e ....atoparon os ovos!!!



lunes, 9 de diciembre de 2019

XOGANDO CO MAPA DA CIDADE



Para rematar este tema dos mapas, nada mellor que un xogo de orientación no plano e tamén co Google Maps, na biblio.




Podían xogar en parellas ou en equipo de catro, como están sentados na clase. A maioría preferíu xogar en equipo....por que será??


Cada equipo tiña dous planos da cidade de Coruña. Ademais tiñan un pequeno anaco do plano ampliado, donde tiñan que localizar as coordenadas de diferentes lugares de interese: o noso colexio, o Teatro Rosalía, a Praza de María Pita...
Despois tiñan que situar os Puntos cardinais no plano ampliado, localizando a Rosa dos Ventos que había no plano grande.
E para rematar, tiñan que marcar con cores os tres percorridos que tiñan que seguer para ir desde o colexio ata os puntos sinalados.

Fixeron o xogo en papel, e tamén utilizando a ferramenta de Google Maps, sempre xogando en equipo e compartindo os seus resultados.

Pasámolo pipa e penso que saberían buscar calquera sitio con calquer rueiro dunha cidade a visitar e incluso navegar co Google Maps. Agora só falta que lles leven os pais!!! jajajaja.