Mostrando entradas con la etiqueta medioambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medioambiente. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de enero de 2024

VIDEO RESUMO DO 1º TRIMESTRE DO CAMIÑO DE PIEFCITOS

 Durante este 1º trimestre traballamos moitísimo en equipo, tanto en Plástica como en E.F. como en Sociais, como no Proxecto Competencial.

Organizámonos, colaboramos entre todos e todas a contar os KMS SAUDABLES, a PATRULLA VERDE, a RECICLAR, a CONTAR CONTOS na biblio,.... E no nos camiño, os nenos e nenas de 1º colaboran connosco cos seus KMS SAUDABLES, RECICLANDO....

Deixo aquí un video resumo de todo o traballado neste 1º TRIMESTRE.


jueves, 30 de enero de 2020

OS NOSOS CICLOS DA AUGA

Xa rematamos o noso primeiro traballiño co ordenador, co que aprendimos a remexernos en C:, mis documentos, carpetas, archivos....y a manexar un pouquiño o procesador de textos de Word.

Aquí tedes os CARTEIS de cada parella explicando con imaxes, formas, cadros de texto...
o CICLO DA AUGA.












domingo, 29 de septiembre de 2019

SEMANA POR EL CLIMA 20-27 SEPTIEMBRE

Neste curso queremos traballar no noso cole desde un punto de vista máis SOSTIBLE.
Por iso, o lema do curso é
NATURALMENTE, VÍCTOR!! 

RECYCLING THE SCHOOL!!

Ao longo de esta semana participamos coa proposta feita por

para facernos conscientes do que está a pasar co noso planeta.



Con estas pequenas microaccións na nosa escola, colaboramos coa
  Semana de Folga Pola Terra, unha folga xeral a nivel mundial 
para salvar o Planeta, 
que coincidiu coa 
Cumbre Acción Climática 2019 de las Naciones Unidas.

martes, 20 de mayo de 2014

GYMKANA ECOLÓXICA

Despois de visitar o Parque de Bens, e ter un taller na aula sobre a reciclaxe, fixemos a nosa propia Gymkana Ecolóxica por equipos.
Eliximos 3 capitáns que foron os que puxéronse dacordo para facer os seus equipos.
  1. LUCÍA SESAR: Janira, Hugo, Antía e Rubén.
  2. LUCÍA IGLESIAS: Marta, Álex Varela, Fran e Álex Jiménez.
  3. XURXO: Gabriel, Dani e Cynthia 
A Gymkana constaba de 5 probas relacionadas cos contedores de lixo, os animais, a roupa esquecida, vocabulario de reciclaxe e o vertido de residuos ao mar.
E, para rematar, todos fixemos unha proba final ao mesmo tempo que tiña que ver co alfabeto braille.
Aquí quédanvos algunhas das fotos do xogo.



viernes, 25 de abril de 2014

VISITA AO PARQUE DE BENS

Antes das vacacións de semana santa, fixemos unha visita á PLANTA DE COGENERACIÓN DE BENS (antigo vertedoiro da cidade).
Tivemos un par de actividades previas á visita cun vídeo divulgativo e un xogo "Separa e gaña" coa fin de introducir aos nenos e nenas na Educación Medioambiental.
A saída estivo organizada polo Concello de A Coruña no seu "Plan de Divulgación e Educación Mediomabiental"

Os obxectivos deste programa son:
  • Profundizar cos participantes no actual Plan de Tratamento de Residuos Urbanos de A Coruña.
  • Informar das diferentes alternativas existentes para a eliminación e o tratamento dos RU, as súas ventaxas e desventaxas.
  • Modificar as actitudes persoais en busca dunha mellora dos comportamentos ante os residuos.
  • Motivar á poboación escolar para que participe activamente no plan de tratamento desde a recollida selectiva e a separación na orixe.