Tivemos un par de actividades previas á visita cun vídeo divulgativo e un xogo "Separa e gaña" coa fin de introducir aos nenos e nenas na Educación Medioambiental.
A saída estivo organizada polo Concello de A Coruña no seu "Plan de Divulgación e Educación Mediomabiental"
Os obxectivos deste programa son:
- Profundizar cos participantes no actual Plan de Tratamento de Residuos Urbanos de A Coruña.
- Informar das diferentes alternativas existentes para a eliminación e o tratamento dos RU, as súas ventaxas e desventaxas.
- Modificar as actitudes persoais en busca dunha mellora dos comportamentos ante os residuos.
- Motivar á poboación escolar para que participe activamente no plan de tratamento desde a recollida selectiva e a separación na orixe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Moitas grazas polo teu comentario.