Como premio polo traballo realizado ao longo do primeiro trimestre, tivemos un último día de clase un pouco especial: UNHA CLASE DE COCIÑA.
Organizámonos por equipos. Uns porque querían ir xuntos, outros polo postre que lles apetecía facer ou polo que lle gustaba máis e así quedamos organizados:
- GABRIEL, HUGO, DANI, XURXO e RUBÉN.
- ANTÍA, LUCÍA SESAR, ALEX JIMÉNEZ, FRAN e ÁLEX VARELA.
- MARTA, LUCÍA IGLESIAS, JANIRA e CINTHIA.
Contamos ca axuda de Chus, a orientadora do centro e de Loli, titora do curso. Unha axudóunos na elaboración dos postres, e a outra, fixo posíbel o publireportaxe de fotos que temos elaborando as nosas recetas.
Os postres que fixemos foron varios:
- BROWNIE DE CHOCOLATE CON FROITOS SECOS
- BATIDO DE FRESA, PLÁTANO E CHOCOLATE.
- CREMA FRÍA DE LIMÓN
- TARTA DE GALLETAS CON CHOCOLATE.
Traballamos en equipo. Uns mesturaban, outros estaban no forno, outros lavaban, outros limpaban...
Unha marabilla!!!
Pasámolo xenial e repetiremos a experiencia próximamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Moitas grazas polo teu comentario.