sábado, 30 de noviembre de 2019

HUMAN BODY CON NURI

Vaia pasada o " XOGUETE" que trouxo Nuri onte a clase!!! 
Unha camiseta coa que podemos 
ver o noso corpo por dentro!!!
Con esta camiseta pódese ver como é o teu cuerpo por dentro: 
vénse os ósos, os músculos e os órganos e incluso 
como latexa o corazón

Necesita unha aplicación gratuita no móbil ou tablet, acercalo á camiseta e 
¡wow! pódese ver toda a zona do tronco:

Sistema óseo: costelas e vértebras

Sistema muscular
Sistema respiratorio: pulmóns, tráquea, diafragma..
Sistema circulatorio: corazón, venas, arterias..
Sistema dixestivo: estómago, intestinos, fígado, vesícula..
Sistema urinario: riñóns, uretra...
Sistema linfático

A través dos botóns da aplicación podes mostrar u ocultar os diferentes sistemas, para exploralos por separado, como se foran capas. E co botón "mirilla", podes ver o nome das diferentes partes solo acercándote a eles.

MIRADE QUE BEN O PASAMOS PROBANDO E XOGANDO


viernes, 29 de noviembre de 2019

APARATOS FUNCIÓN REPRODUCIÓN

E para rematar quedaría falar e recoñecer os ... 
Pincha enriba da imaxe e verás un pequeno vídeo explicativo.




Nada mellor que un pequeno debuxo propio, aínda que sexa de "andar por casa", sinalando os nomes de cada parte.


miércoles, 27 de noviembre de 2019

APARATOS DA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN


A parte un pouquiño máis complicada do tema ven sendo ista. Aínda que vendo o vídeo seguinte enténdese mellor porque están...

4 APARATOS traballando na FUNCIÓN DE NUTRICIÓN:

DIXESTIVO

CIRCULATORIO








RESPIRATORIO

EXCRETOR






martes, 26 de noviembre de 2019

APARATOS E ÓRGANOS DO CORPO

Nesta semana traballaremos a asociación dos distintos aparatos e órganos corpo coas 

FUNCIÓN VITAIS
(relación, nutrición e reprodución)


Entenderemos para que serven, onde están, como funcionan e como se chaman, claro!!!
Farémolo con vídeos explicativos, debuxos, actividades....


Lembrades o vídeo que vimos hoxe sobre o APARATO LOCOMOTOR?? Volo deixo aquí para que o poidades ver outra vez.


sábado, 23 de noviembre de 2019

2ª SEMANA REPRESENTACIÓN DA TERRA

Para poder seguer o CAMIÑO DE PIEFCITOS, e, recorrer todas as provincias de España, temos que aclarar mooooitos conceptos.

O concepto do que é un CONTINENTE, UN PAÍS, UNHA PROVINCIA O UNHA COMUNIDADE AUTÓNOMA....é moi complicado nestas idades, non?? Pois algo haberá que facer!!

De momento comezamos co o máis grande: A TERRA!!!

Falamos das LIÑAS IMAXINARIAS, dos PUNTOS CARDINAIS, da ROSA DOS VENTOS...


Para poder despois situalas nun MAPAMUNDI cos CONTINENTES E OCÉANOS.






E saber cál é a INFORMACIÓN BÁSICA NUN MAPA para poder orientarnos nel:


E, para rematar, saber diferenciar os TIPOS DE MAPAS que podemos atoparnos:


A seguinte semana remataremos cos PLANOS, e a ver se podemos facer un XOGO DE ORIENTACIÓN no cole con plano e compás. Apetece verdade???

domingo, 17 de noviembre de 2019

TEMA 2: O CORPO HUMANO

Xa comezamos o tema do corpo humano e, aínda que xa xabemos moitas cousas, ímos aprender algunha máis.


Recordamos as partes do corpo: cabeza, tronco e extremidades. Aprendimos algún nome máis en galego: nocellos, xeonllos, cóbados. E falamos das  3 FUNCIÓNS VITAIS:

  1. REPRODUCIÓN
  2. NUTRICIÓN
  3. RELACIÓN
Déixovos aquí os vídeos explicativos que puxemos na clase para que os vexades con calma.






domingo, 10 de noviembre de 2019

TEMA 2: REPRESENTACIÓN DA TERRA

Comezamos co segundo tema de Sociais que trata das formas que utilizamos para representar a Terra e como poder orientarnos no espazo: OS MAPAS.
Tras activas os nosos coñecementos previos, sabemos bastantes cousas pero....tamén temos algunhas confusións que aclarar.

Por exemplo...sabemos o que é un globo terráqueo e identificamos o mapamundi.

Incluso xa fixemos o noso primeiro MAPAMUNDI dos CONTINENTES como se fora un puzzle, e parece que ese concepto....custa un pouquiño. Seguiremos traballando.