viernes, 25 de abril de 2014

VISITA AO PARQUE DE BENS

Antes das vacacións de semana santa, fixemos unha visita á PLANTA DE COGENERACIÓN DE BENS (antigo vertedoiro da cidade).
Tivemos un par de actividades previas á visita cun vídeo divulgativo e un xogo "Separa e gaña" coa fin de introducir aos nenos e nenas na Educación Medioambiental.
A saída estivo organizada polo Concello de A Coruña no seu "Plan de Divulgación e Educación Mediomabiental"

Os obxectivos deste programa son:
  • Profundizar cos participantes no actual Plan de Tratamento de Residuos Urbanos de A Coruña.
  • Informar das diferentes alternativas existentes para a eliminación e o tratamento dos RU, as súas ventaxas e desventaxas.
  • Modificar as actitudes persoais en busca dunha mellora dos comportamentos ante os residuos.
  • Motivar á poboación escolar para que participe activamente no plan de tratamento desde a recollida selectiva e a separación na orixe.

sábado, 19 de abril de 2014

O NOSO TRABALLO SOBRE O UNIVERSO

Despois de tanto e tanto traballar sobre este tema, seguro que ninguén tén dúbidas sobre que é o Sol, a Lúa, a Terra, o Sistema Solar, os planetas...
Aprendimos a buscar a información importante nun texto, sintetizalo, organizalo, diseñar o noso propio IMPRESS con textos e imaxes; e ademais aprendimos a insertar pequenos vídeos relacionados co tema.
Un mes levounos facer todo isto, e aínda que é moito o tempo invertido, cremos que temos que aprender máis cousas que as que podemos atopar nun libro de texto. Por iso estamos tan contentos co noso traballo.
É unha pena que non podamos colgar aquí os nosos impress do universo, pero si que ides ver algúns dos nosos esquemas.