jueves, 30 de enero de 2014

CÓMIC DE MANDELA

Como ben sabedes, levamos traballando toda a semana na webquest de Nelson Mandela coma homenaxe no Día da Paz (30 de Xaneiro)
O noso compromiso foi facer un cómic entre todos e entre todas cas imaxes reais da vida deste personaxe cartunizadas online.
Ben, pois despois de moito traballo, de moito aprender, probar, fuchicar, enredar e demáis, por fin temos aquí o noso cómic sobre Nelson Mandela.
NORABOA!!!

MANDELA WEBQUEST

PICA ENRIBA DA IMAXE DE MANDELA E PODERÁS ENTRAR NA WEBQUEST

sábado, 25 de enero de 2014

XOGO DOS ALIMENTOS

Aquí déixovos un xogo para que practiquedes sobre a frecuencia de consumo dos alimentos colocándoos na pirámide alimenticia.
http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/contenidosdigitales/programasflash/Medusa/piramide/Piramide.swf

OS ALIMENTOS

Neste inicio do trimestre estamos estudando os alimentos. Para iso estamos diferenciando os nutrientes que conteñen, para que son bós, cales deberíamos consumir máis frecuentemente, etc.
Elaboramos unhas pirámides alimenticias por parellas que, a verdade están quedando ben chulas!!.
Mirade algunhas fotos dos momentos de traballo.














sábado, 11 de enero de 2014

CLASE DE COCIÑA

Como premio polo traballo realizado ao longo do primeiro trimestre, tivemos un último día de clase un pouco especial: UNHA CLASE DE COCIÑA.
Organizámonos por equipos. Uns porque querían ir xuntos, outros polo postre que lles apetecía facer ou polo que lle gustaba máis e así quedamos organizados:
  1. GABRIEL, HUGO, DANI, XURXO e RUBÉN.
  2. ANTÍA, LUCÍA SESAR, ALEX JIMÉNEZ, FRAN e ÁLEX VARELA.
  3. MARTA, LUCÍA IGLESIAS, JANIRA e CINTHIA.
Contamos ca axuda de Chus, a orientadora do centro e de Loli, titora do curso. Unha axudóunos na elaboración dos postres, e a outra, fixo posíbel o publireportaxe de fotos que temos elaborando as nosas recetas.

Os postres que fixemos foron varios:
  • BROWNIE DE CHOCOLATE CON FROITOS SECOS
  • BATIDO DE FRESA, PLÁTANO E CHOCOLATE.
  • CREMA FRÍA DE LIMÓN
  • TARTA DE GALLETAS CON CHOCOLATE.
Entre todos os membros do equipo, puxémonos dacordo para traer os ingredientes e os materiais necesarios para a elaboración das recetas.
Traballamos en equipo. Uns mesturaban, outros estaban no forno, outros lavaban, outros limpaban...
Unha marabilla!!!
Pasámolo xenial e repetiremos a experiencia próximamente.