martes, 5 de noviembre de 2013

OS ANIMAIS

Despois dun tema tan longo e extenso como foi o de os seres vivos e as plantas, ímos comezar co TEMA  2: OS ANIMAIS.
Aínda que xa sabedes moitas cousas deles, sempre podemos aprender máis, non é?
No primeiro tema aprendimos a buscar a información en distintos formatos (na internet, libros de consulta da biblio...). Desta vez, aprenderemos a traballar cun texto informativo: como  se saca a información importante dun texto, como podo organizar esa información nun esquema ou mapa conceptual, como o coloco na miña libreta, .... en fin... esas cousiñas que van facernos o estudar máis doado e, as veces, máis divertido.
Estades preparados???
Pois máns á obra!!!
Aquí déixovos un pequeno video sixelo sobre os principais grupos de animais para que vaiades abrendo boca.

E tamén deixo unhas páxinas de información e xogopara aprender e divertirse.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas polo teu comentario.