QUEREMOS SABER COMO FUNCIONA O NOSO CORPO?
Despois de estudar aos seres vivos, e máis detalladamente, as plantas e os animais, imos ver como funciona o noso corpo e como é posible que sexamos unha criatura casi perfecta.
Neste tema quedamos en que íamos traballar, sobre todo, cos textos informativos do libro. Por iso, queremos ensinarvos como van quedando os nosos primeiros esquemas sobre os animais vertebrados e os invertebrados.
Despois dun tema tan longo e extenso como foi o de os seres vivos e as plantas, ímos comezar co TEMA 2: OS ANIMAIS.
Aínda que xa sabedes moitas cousas deles, sempre podemos aprender máis, non é?
No primeiro tema aprendimos a buscar a información en distintos formatos (na internet, libros de consulta da biblio...). Desta vez, aprenderemos a traballar cun texto informativo: como se saca a información importante dun texto, como podo organizar esa información nun esquema ou mapa conceptual, como o coloco na miña libreta, .... en fin... esas cousiñas que van facernos o estudar máis doado e, as veces, máis divertido.
Estades preparados???
Pois máns á obra!!!
Aquí déixovos un pequeno video sixelo sobre os principais grupos de animais para que vaiades abrendo boca.
E tamén deixo unhas páxinas de información e xogopara aprender e divertirse.