miércoles, 27 de noviembre de 2013

APARELLOS DO NOSO CORPO

 QUEREMOS SABER COMO FUNCIONA O NOSO CORPO?
Despois de estudar aos seres vivos, e máis detalladamente, as plantas e os animais, imos ver como funciona o noso corpo e como é posible que sexamos unha criatura casi perfecta.

PREPARADOS???

APARELLO DIXESTIVO:
http://www.supersaber.com/digestivo.htm


http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/1014164/el_aparato_digestivo.htm


http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/contenidosdigitales/programasflash/Medusa/proyectos/AparatoDigestivo/inicio_cm.html


APARELLO LOCOMOTOR:

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/juegos_jcyl/cuerpo_esq/esqueleto_plus.html

http://www.cajastur.es/clubdoblea/diviertete/juegos/elcuerpohumano.html



APARELLO RESPIRATORIO:



http://agrega.educa.madrid.org/visualizar/es/es_2007073113_0240300/false

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/caminoaire/frame_prim.swf

http://www.icarito.cl/herramientas/despliegue/multimedias/2010/03/377-106-6-cuerpo-humano--el-proceso-de-respiracion.shtml

APARELLO CIRCULATORIO:

http://contenidos.proyectoagrega.es/visualizador-1/Visualizar/Visualizar.do?idioma=es&identificador=es_2007073113_0240200&secuencia=false#

http://repositorio.educa.jccm.es/portal/odes/conocimiento_del_medio/el_aparato_circulatorio_humano/contenido/cm02_oa02_es/index.html

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/contenidosdigitales/programasflash/Conocimiento/Cuerpo/Sistemas/circulatorio01.swf



APARELLO EXCRETOR:

http://www.e-vocacion.es/files/html/143315/recursos/la/U02/pages/recursos/143315_P23/es_carcasa.html
http://agrega.juntadeandalucia.es/visualizar/es/es-an_2010040613_9121236/false

http://www.e-vocacion.es/files/html/143315/recursos/la/U02/pages/recursos/143315_P22.html

miércoles, 20 de noviembre de 2013

XOGOS E ACTIVIDADES SOBRE ANIMAIS INVERTEBRADOS

Pinchando enriba das imaxes poderedes entrar nestas páxinas de xogos e actividades para mellorar os voso coñecementos sobre os animais.

 
ARTRÓPODOS
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2006/material036/web_publicar/artropodos.html
 
 
ANIMAIS INVERTEBRADOS
 
http://www.clarionweb.es/5_curso/jclic/c_medio/cm_503/cm_503.htm
 
 
 

jueves, 14 de noviembre de 2013

OS NOSOS PRIMEIROS ESQUEMAS

Neste tema quedamos en que íamos traballar, sobre todo, cos textos informativos do libro. Por iso, queremos ensinarvos como van quedando os nosos primeiros esquemas sobre os animais vertebrados e os invertebrados.
A que son alucinantes???






martes, 5 de noviembre de 2013

OS ANIMAIS

Despois dun tema tan longo e extenso como foi o de os seres vivos e as plantas, ímos comezar co TEMA  2: OS ANIMAIS.
Aínda que xa sabedes moitas cousas deles, sempre podemos aprender máis, non é?
No primeiro tema aprendimos a buscar a información en distintos formatos (na internet, libros de consulta da biblio...). Desta vez, aprenderemos a traballar cun texto informativo: como  se saca a información importante dun texto, como podo organizar esa información nun esquema ou mapa conceptual, como o coloco na miña libreta, .... en fin... esas cousiñas que van facernos o estudar máis doado e, as veces, máis divertido.
Estades preparados???
Pois máns á obra!!!
Aquí déixovos un pequeno video sixelo sobre os principais grupos de animais para que vaiades abrendo boca.

E tamén deixo unhas páxinas de información e xogopara aprender e divertirse.




miércoles, 23 de octubre de 2013

CONTROL DO TEMA 1: OS SERES VIVOS E AS PLANTAS

Despois de investigar, buscar información, traballar individualmente e en equipo....... 
POR FIN, CHEGAMOS AO FINAL.
Hoxe fixemos un SUPERCONCURSO DE REPASO. Xogamos por equipos:
  1. EQUIPO 1: Francisco, Dani e Janira.
  2. EQUIPO 2: Xurxo, Lucía S., Rubén e Lucía I.
  3. EQUIPO 3: Alex V., Marta e Antía.
  4. EQUIPO 4: Cynthia, Hugo, Gabri e Alex J.
Os gañadores indiscutibles foron os membros do equipo número 2. Conseguiron un total de 6 puntos. 
En segundo lugar quedou o equipo número 3; a continuación o equipo número 1; e, por último, o equipo número 4. Todos participaron con moito interese e, nalgúns casos, cun pouco de tensión.
Os nervios e a mala compresión das preguntas xogaron unha mala pasada a moitos equipos polo que para o control, recoméndovos TRANQUILIDADE, LER DESPACIO AS PREGUNTAS, RELER O QUE ESCRIBIDES E REPASAR AO FINAL TODO.

Para resolver o control, tedes que picar enriba da imaxe





martes, 15 de octubre de 2013

QUE SON AS PLANTAS E COMO FAN A SÚA REPRODUCIÓN

Estas foron as respostas finais acadadas e postas en común por todos os grupos.
 
Aquí deíxovos unhas actividades de repaso.
 
 
 
 
 
 

 

miércoles, 9 de octubre de 2013

TRABALLANDO COOPERATIVAMENTE SOBRE AS PLANTAS

Hoxe comezamos a traballar o tema das plantas.
Xa sabemos que son seres vivos, que nacen, que medran, que reprodúcense e morren e que ademais teñen 3 funcións vitais: relación, reprodución e nutrición.
Ao longo da clase de hoxe, mais as de o xoves e o venres ímos traballar en parellas, cooperativamente, para resolver as nosas preguntas.
É dicir, que entre os dous temos que buscar, comprender, aprender e ser capaces de explicar todo o que aprendamos das plantas. As cuestións elixidas foron:
  1. QUE SON AS PLANTAS.
  2. COMO FAN A FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN.
  3. COMO FAN A FUNCIÓN DE RELACIÓN.
  4. COMO FAN A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN.
  5. COMO RESPIRAN.
  6. CALES SON AS SÚAS CARACTERÍSTICAS.
  7. CLASIFICACIÓN (TIPOS)
  8. QUE É A FOTOSÍNTESE.
  9. QUEN DESCUBRÍU AS PLANTAS.
Próximamente atoparemos as respostas e colgarémolas aquí.
De momento vos deixamos unhas fotos do día de traballo de hoxe.
AS PLANTAS on PhotoPeach

martes, 8 de octubre de 2013

JUEDULAND

Iba en busca dalgunha páxina interesante de xogos interactivos para que puiderades repasar na casa o tema das plantas e lembreime desta páxina marabillosa que é JUEDULAND.
Aquí poidedes atopar un montón de actividades de repaso, xogos interactivos, teoría e práctica de todo o que ídes dar ao longo da primaria. Non só atoparedes cousas de coñecemento, senón tamén das outras materias que tedes, lingua, lengua, inglés, mates...
BOTÁDELLE UNHA OLLADA!!
PAGA PENA!!
(picade na imaxe)

miércoles, 2 de octubre de 2013

AS PLANTAS

Tras levar casi tres semanas co tema dos seres vivos, ímos comezar a aprender cousas sobre o reino das plantas.
Buscando e buscando atopei esta páxina feita por uns nenos dun cole de Toledo, chamado Villarubia de Santiago.
Paga a pena entrar a vela porque explica moi ben o que ímos estudar sobre estes seres vivos:
  • Características
  • Clasificación
  • Partes dunha planta
  • A súa nutrición
  • A súa respiración
Só tedes que pinchar enriba da imaxe e xa vos levará a páxina web.

martes, 1 de octubre de 2013

VÍDEOS INTERESANTES DOS SERES VIVOS

A ORIXE DA VIDA
 

CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS
 


CÉLULAS, TECIDOS, ÓRGANOS E APARATOS
 


TAMAÑO E FORMA DAS CÉLULAS


jueves, 26 de septiembre de 2013

BENVIDOS AO NOSO BLOG

Ola todos e a todas!!!
Sorprendidos?? Supoño que un pouquiño pero ... para ben espero!
Pensei que toooodas esas cousas que ímos investigar, buscar, aprender, etc... podíamos poñelas nalgún sitio onde todos e todas poidamos consultalas cando quéiramos. E ... que mellor cun blog?
Será .... o noso RECUNCHO DO SABER!!!
Se vos parece ímos comezar colgando algunhas das cousas que xa aprendimos.
Por exemplo....
  1. CANDO FOI O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA?
  2. QUE PASOU NO ANO 1789? E NO ANO 1898?
  3. CANDO FOI A I GUERRA MUNDIAL?
  4. CALES SON AS GRANDES ETAPAS DA HISTORIA?
  5. CALES SON OS APARELLOS DO NOSO CORPO?

Podedes contestar escribindo un comentario. Lembrade que tedes que poñer o voso nome, senón non saberemos quen contestou.
Un pouquiño máis adiante seredes vós os que escribiredes as entradas. 
PREPARADOS???
POIS ....
A DISFRUTAR!!!!