lunes, 25 de mayo de 2020

CREAR A NOSA PROPIA MAQUETA DUNHA CIDADE

Un dos temas que tratamos foi a paisaxe, lembrades? O de montaña, o de costa...Falamos dos elementos humanizados e os naturais...Cidades, aldeas....
Pois ocorréuseme aproveitar moitas 
das cousas que teño na casa 
para construir a miña cidade.
Queredes animarvos e construir a vosa??
Pois só tedes que botarlle un pouquiño de gañas, imaxinación e recopilar cousiñas que teñades como caixas de cartón, latas, cores, papeis, cartón, cordas....
Deixovos aquí un pequeno vídeo titorial que fixen para axudarvos.