jueves, 24 de octubre de 2019

UNHA DIETA EQUILIBRADA


DIETA

O teu corpo necesita de certas substancias para obter enerxía, medrar e reparar danos. Obtemos estas substancias dos alimentos. Se a dieta que levamos non é saudable o noso corpo non vai funcionar correctamente.


O corpo necesita auga, fibra, vitaminas, minerais e nutrientes (hidratos de carbono, proteínas e graxas).


- Hidratos de carbono (Tamén chamados glúcidos, glícidos ou azúcares)

Usámolos para obter enerxía.

Os carbohidratos atopámolos nas froitas, pan, cereais, arroz, patatas, pasta.
Os deportistas que entrenan tódolos días deben levar unha dieta moi abundante en carbohidratos, como mínimo un 60% do total.

- Graxas

As graxas tamén se usan para obter enerxía, pero fan falta a lo menos 20 minutos de exercicio físico para que o noso corpo empece a usar as graxas como fonte de enerxía, ata ese momento o corpo usa os carbohidratos.

Atopámolos na manteiga, margarina vexetal, é os aceites de cociña.

As hamburguesas, carnes vermellas, salchichas, touciño, queixo e a nata conteñen gran cantidade de graxa. 

- Proteínas

O noso corpo necesita das proteínas para formar as células, para fabricar o sangue e para formar e reparar os músculos e os diferentes tecidos. 

Podemos atopalas na carne, fígado, polo, ovos, peixes.

O corpo pode usar tamén as proteínas coma fonte de enerxía, pero só en casos de exercicios físicos de longuísima duración como por exemplo correr unha maratón.

- Vitaminas e minerais
A vitamina A ou a D pódense gardar no fígado, pero outras como a vitamina C, non, polo tanto débense consumir regularmente.

Dos minerais, sen o ferro non poderiamos transportar o osíxeno, sen o calcio non teriamos ósos fortes, e o Sodio e o Potasio son esenciais no funcionamento do corazón.

- Auga

Máis o menos a metade do peso do teu corpo é auga. 

Deberiamos beber a lo menos 8 vasos de auga ao día, pero se practicas deporte ou fas calquera outra actividade física deberías beber moito máis. 

A deshidratación (falta de auga) pode causar danos graves e incluso a morte.

- Fibra

É unha substancia chamada celulosa que se atopa nas paredes das células das plantas. 

Podes atopala nas froitas, verduras, pan de centeno e outros cereais. 

Non é posible dixerila, pero é importante xa que axuda aos músculos do intestino delgado a mover e eliminar as substancias tóxicas dos alimentos. 

Tamén che fai sentir saciado de comida co cal comes menos ou o necesario, e non aumentas de peso de balde.


Unha dieta equilibrada

Canto, e que deberiamos comer?
Deberiamos facer un equilibrio entre a enerxía que consumimos cos alimentos e a enerxía que gastamos na vida diaria. 
Para estar sanos necesitamos unha dieta equilibrada. Necesitamos a mistura correcta de nutrientes, minerais, vitaminas e auga.

A enerxía mídese en Calorías (kilocalorías) ou en kiloxulios.

Necesitaremos diferentes cantidades de calorías dependendo do sexo, idade ou do estilo de vida que levemos. 
Se cos alimentos metemos no noso corpo 2500 calorías e só gastamos 2000 o sobrante queda acumulado, e se esto o repetimos diariamente engordaremos e poderemos chegar a ser obesos.

Por outra banda, se comemos menos calorías das que necesitamos adelgazaremos.

A chamada pirámide alimenticia, mostra na súa base os alimentos que máis deberiamos consumir e no pico os que menos.

Aquí déixovos un xogo para que practiquedes sobre a frecuencia de consumo dos alimentos colocándoos na pirámide alimenticia.
http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/contenidosdigitales/programasflash/Medusa/piramide/Piramide.swf

E aquí vedes a cantidade de exercicio recomendable que deberíamos facer ao longo da semana.















información sacada de http://educacionfisicamaruxamallo.wikispaces.com/wiki/changes