jueves, 29 de mayo de 2014

EXPO DO MUNDO

Para recoñecer países do mundo e o mapamundi, cada neno/a elixiu un país sobre o que investigar.
Ademais de saber situalo no mapamundi e contarnos cousas importantes e curiosas do país elixido, tiñan que buscar o xeito de expoñer a súa investigación. Podía ser en formato papel, mural, dixital, oral....
Aquí tedes a nosa exposición.


MAPAS INTERACTIVOS

Estamos traballando os mapas, as escalas, os continentes, as comunidades autónomas, as provincias, os ríos e montañas.... e as veces pode resultar un pouquiño arduo e aburrido. Por iso, poñemos aquí un enlace a xogos de mapas interactivos para poder practicar xogando.
Acabaredes sabendo os nomes dos 5 continentes?? os das 17 Comunidades Autónomas?? Alomenos 10 países de Europa??
Pos se conseguides facelo (sen mirar) NORABOA!!!

PICADE NA IMAXE
MAPAMUNDI


EUROPA


ESPAÑA
Comunidades Autónomas


Provincias  de España


GALICIA

martes, 20 de mayo de 2014

GYMKANA ECOLÓXICA

Despois de visitar o Parque de Bens, e ter un taller na aula sobre a reciclaxe, fixemos a nosa propia Gymkana Ecolóxica por equipos.
Eliximos 3 capitáns que foron os que puxéronse dacordo para facer os seus equipos.
  1. LUCÍA SESAR: Janira, Hugo, Antía e Rubén.
  2. LUCÍA IGLESIAS: Marta, Álex Varela, Fran e Álex Jiménez.
  3. XURXO: Gabriel, Dani e Cynthia 
A Gymkana constaba de 5 probas relacionadas cos contedores de lixo, os animais, a roupa esquecida, vocabulario de reciclaxe e o vertido de residuos ao mar.
E, para rematar, todos fixemos unha proba final ao mesmo tempo que tiña que ver co alfabeto braille.
Aquí quédanvos algunhas das fotos do xogo.