Xa levamos catro cursos estudando este tema polo que, este ano, decidimos traballalo doutro xeito diferente. Estamos a facer unha presentación de diapositivas con Libre Office Impress (equivalente ao Power Point).
Cada traballo ten que ter:
- PORTADA
- ÍNDICE
- CONTIDOS
- FONTES DE INFORMACIÓN
- CONTRAPORTADA
Aparentemente pode parecer un traballo doado e similar ao que fixemos de Mandela pero, a diferencia é que, nesta ocasión ímos engadir hiperligazóns con pequenos vídeos ilustrativos do que estamos a falar. Deste xeito, poderemos ver, en vivo e en directo, animacións sobre o Sol, a Terra, a Lúa, o Espazo, o Universo.
A organización do traballo debe ser:
- CREAR UNHA CARPETA CHAMADA "UNIVERSO" e dentro dela CREAR UN ARQUIVO DE WRITER, "BORRADOR UNIVERSO" e outro ARQUIVO DE IMPRESS, "UNIVERSO"
- ELABORAR UN ÍNDICE DOS PUNTOS A TRATAR
- SELECCIONAR A INFORMACIÓN QUE TEN QUE APARECER EN CADA UN DOS APARTADOS DO TEMA
- TRABALLAR O TEXTO NO BORRADOR DE WRITER
- MONTAR O TEXTO NAS DIAPOSITIVAS NO IMPRESS
- ATOPAR VÍDEOS NA INTERNET E FACER HIPERLIGAZÓNS AS IMAXES ELIXIDAS
- ORGANIZAR E DESEÑAR CADA DIAPOSITIVA
- ANIMAR OS ELEMENTOS DAS DIAPOSITIVAS
- ELABORAR UNHA LISTAXE DAS FONTES DE INFORMACIÓN UTILIZADAS: páxinas web, libro de texto, vídeos...