miércoles, 23 de octubre de 2013

CONTROL DO TEMA 1: OS SERES VIVOS E AS PLANTAS

Despois de investigar, buscar información, traballar individualmente e en equipo....... 
POR FIN, CHEGAMOS AO FINAL.
Hoxe fixemos un SUPERCONCURSO DE REPASO. Xogamos por equipos:
  1. EQUIPO 1: Francisco, Dani e Janira.
  2. EQUIPO 2: Xurxo, Lucía S., Rubén e Lucía I.
  3. EQUIPO 3: Alex V., Marta e Antía.
  4. EQUIPO 4: Cynthia, Hugo, Gabri e Alex J.
Os gañadores indiscutibles foron os membros do equipo número 2. Conseguiron un total de 6 puntos. 
En segundo lugar quedou o equipo número 3; a continuación o equipo número 1; e, por último, o equipo número 4. Todos participaron con moito interese e, nalgúns casos, cun pouco de tensión.
Os nervios e a mala compresión das preguntas xogaron unha mala pasada a moitos equipos polo que para o control, recoméndovos TRANQUILIDADE, LER DESPACIO AS PREGUNTAS, RELER O QUE ESCRIBIDES E REPASAR AO FINAL TODO.

Para resolver o control, tedes que picar enriba da imaxe





martes, 15 de octubre de 2013

QUE SON AS PLANTAS E COMO FAN A SÚA REPRODUCIÓN

Estas foron as respostas finais acadadas e postas en común por todos os grupos.
 
Aquí deíxovos unhas actividades de repaso.
 
 
 
 
 
 

 

miércoles, 9 de octubre de 2013

TRABALLANDO COOPERATIVAMENTE SOBRE AS PLANTAS

Hoxe comezamos a traballar o tema das plantas.
Xa sabemos que son seres vivos, que nacen, que medran, que reprodúcense e morren e que ademais teñen 3 funcións vitais: relación, reprodución e nutrición.
Ao longo da clase de hoxe, mais as de o xoves e o venres ímos traballar en parellas, cooperativamente, para resolver as nosas preguntas.
É dicir, que entre os dous temos que buscar, comprender, aprender e ser capaces de explicar todo o que aprendamos das plantas. As cuestións elixidas foron:
  1. QUE SON AS PLANTAS.
  2. COMO FAN A FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN.
  3. COMO FAN A FUNCIÓN DE RELACIÓN.
  4. COMO FAN A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN.
  5. COMO RESPIRAN.
  6. CALES SON AS SÚAS CARACTERÍSTICAS.
  7. CLASIFICACIÓN (TIPOS)
  8. QUE É A FOTOSÍNTESE.
  9. QUEN DESCUBRÍU AS PLANTAS.
Próximamente atoparemos as respostas e colgarémolas aquí.
De momento vos deixamos unhas fotos do día de traballo de hoxe.
AS PLANTAS on PhotoPeach

martes, 8 de octubre de 2013

JUEDULAND

Iba en busca dalgunha páxina interesante de xogos interactivos para que puiderades repasar na casa o tema das plantas e lembreime desta páxina marabillosa que é JUEDULAND.
Aquí poidedes atopar un montón de actividades de repaso, xogos interactivos, teoría e práctica de todo o que ídes dar ao longo da primaria. Non só atoparedes cousas de coñecemento, senón tamén das outras materias que tedes, lingua, lengua, inglés, mates...
BOTÁDELLE UNHA OLLADA!!
PAGA PENA!!
(picade na imaxe)

miércoles, 2 de octubre de 2013

AS PLANTAS

Tras levar casi tres semanas co tema dos seres vivos, ímos comezar a aprender cousas sobre o reino das plantas.
Buscando e buscando atopei esta páxina feita por uns nenos dun cole de Toledo, chamado Villarubia de Santiago.
Paga a pena entrar a vela porque explica moi ben o que ímos estudar sobre estes seres vivos:
  • Características
  • Clasificación
  • Partes dunha planta
  • A súa nutrición
  • A súa respiración
Só tedes que pinchar enriba da imaxe e xa vos levará a páxina web.

martes, 1 de octubre de 2013

VÍDEOS INTERESANTES DOS SERES VIVOS

A ORIXE DA VIDA
 

CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS
 


CÉLULAS, TECIDOS, ÓRGANOS E APARATOS
 


TAMAÑO E FORMA DAS CÉLULAS